A idea xurdiu no contexto dunhas reunións que un grupo de diabéticas e diabéticos vimos facendo dende hai máis de dez anos para falar do noso día a día, dos problemas que compartimos, dos imprevistos que temos en común, ... Pero tamén das cousas que nos distinguen, que demostran que non existen dúas persoas diabéticas iguais. Pois ben, a estas reunións, algúns chamabamoslles diabéticos anónimos polo feito de ser un grupo de xente anónima (nun principio, porque agora xa nos coñecemos tod@s, agás as novas incorporacións) que compartía a diabete e e as súas cousas do día a día en reunións. E a partires de aquí, ocorréusenos que, creando un blog, poderiamos completar ese labor de compartir cun máis cobizoso: divulgar e espallar información e coñecementos dende a experiencia.
Benvidos ao blog!!!
-
La idea surgió en el contexto de unas reuniones que un grupo de diabéticas y diabéticos hemos estado celebrando desde hace más de diez años para hablar de nuestro día a día, de los problemas que compartimos, de los imprevistos que tenemos en común, ... Pero también de las cosas que nos distinguen, que demuestran que no existen dos personas diabéticas iguales. Pues bien, a estas reuniones, algunos las llamábamos diabéticos anónimos por el hecho de ser un grupo de gente anónima (en un principio, porque ahora ya nos conocemos tod@s, excepto las nuevas incorporaciones) que compartía la diabetes y sus cosas del día a día en reuniones. Y a partir de aquí, se nos ocurrió que, creando un blog, podriamos completar esa labor de compartir con una más ambiciosa: divulgar y difundir información y conocimientos desde la experiencia.
Bienvenidos al blog!!!