lunes, 3 de octubre de 2011

Vindeira reunión: 12 novembro / Próxima reunión: 12 de noviembre

O vindeiro sábado 12 de novembro teremos unha nova reunión de Diabéticos Anónimos. Falaremos da alimentación, das racións, e poderemos comprobar con alimentos como proceder para cuantificar e axustar coa insulina en función do que imos inxerir. Será ás 11:00 h. Agardámosvos! / El próximo sábado 12 de noviembre tendremos una nueva reunión de Diabéticos Anónimos. Hablaremos de la alimentación, de las raciones, y podremos comprobar con alimentos como proceder para cuantificar y ajustar con la insulina en función de lo que vamos a ingerir. Será a las 11:00 h. Os esperamos!

agullas / agujas

Esta nova aparece recollida no xornal El Mundo do ano 2006.
Unha nova que tiña que ver cun modelo de agullas que estamos a sufrir na actualidade.

http://www.elmundo.es/elmundosalud/2006/01/27/industria/1138356525.html

Xa no 2006 en Valencia advertían do que conlevaban estas agullas, este modelo e esta marca. Actualmente as persoas diabéticas de galicia estámolo a comprobar. E nos parece moi interesante o que din: "Nos consta que en los equipos de evaluación de material hay grandes profesionales, pero quizá entre ellos debería haber algún paciente diabético para testar el material que va a utilizar este colectivo". Ademáis fala de que "No es la primera vez que las jeringuillas Insupen son fuente de polémica. Ya en el año 2002 el Servicio Galego de Saúde (Sergas) se enfrentó a las quejas de varias asociaciones de pacientes con los mismos problemas. Sanidad argumentó que las molestias podrían deberse a un "uso erróneo del producto". Por todo isto, dende este blog desexaríamos convidar á Consellería de Sanidade a que deixe de dispensar este modelo de agullas (por moi baratas que lle saian) e as substitúa polo modelo anterior que presentaba moitísimos menos problemas aos pacientes. Tal e como sinala o artigo temos recollido innumerables queixas e todas sinalan eses problemas dos que se fala no artigo: "que notas como vai rachando os tecidos da pel", "que se dobran", que non enrosacna ben"... Este asunto é moi serio e polo tanto debemos denuncialo.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Comeza un novo curso / Empieza un nuevo curso

Efectivamente, este curso 2011-2012 vai ser unha etapa moi difícil e sacrificada para todo o mundo, imos ter que estar moi pendentes de que despois destas vindeiras eleccións e co tema dos "recortes", non se atrevan a "tocar" ningún dos recursos que nos facilita a sanidade pública (agullas, tiras para medir a glicosa ou a acetona, bolígrafos e bombas de insulina, etc) e que son indispensables para os diabétic@s para poder ir levando unha vida normal (iso si, con moito sacrificio pola nosa parte). Polo tanto permanecede todas e todos moi atentos para denunciar calquera abuso ou intento de abuso. Para iso estamos aquí, para apoiar e facelo público. Permanecede atent@s! / Efectivamente, este curso 2011-2012 va a ser una etapa muy difícil y sacrificada para todo el mundo, debemos estar muy pendientes de que después de estas próximas elecciones y con el tema de los "recortes", no se atrevan a "tocar" ninguno de los recursos que nos facilita la sanidad pública (agujas, tiras para medir la glucosa o la acetona, bolígrafos y bombas de insulina, etc) y que son indispensables para los diabétic@s para poder ir llevando una vida normal (eso sí, con mucho sacrificio por nuestra parte). Por tanto permaneced todas y todos muy atentos para denunciar cualquier abuso o intento de abuso. Para eso estamos aquí, para apoyar y hacerlo público. Permaneced atent@s!

lunes, 27 de junio de 2011

Este sábado 25 de Xuño houbo outra reunión / Este sábado 25 de Junio hubo otra reunión

Falamos de varias cousas, entre elas a de darnos a coñecer un pouco para chegar a máis xente. Tamén animarvos a que nos consultedes cousas, aqui no blog, ou ben no no noso enderezo electrónico, ou na páxina no facebook. / Hablamos de varias cosas, entre ellas la de darnos a conocer un poco para llegar a más gente. También animar a que nos consultéis cosas, aqui en el blog, o bien en nuestro correo electrónico, o en la página que poseemos en facebook.

viernes, 27 de mayo de 2011

Xa temos un enderezo electrónico de contacto!!!

Todas as persoas interesadas en poñerse en contacto con diabéticos anónimos, xa poden facelo (ademais de neste blog) escribindo ao noso enderezo electrónico:
diabeticosanonimos@gmail.com

martes, 3 de mayo de 2011

O sábado temos reunión.

O próximo sábado 7 temos reunión do grupo no Meixoeiro, será as once coma sempre.
Trataremos o tema das racións e intercambios, pero intentaremos facelo con comida de verdade.

jueves, 3 de marzo de 2011

Como xurdiu a idea de crear este blog?

A idea xurdiu no contexto dunhas reunións que un grupo de diabéticas e diabéticos vimos facendo dende hai máis de dez anos para falar do noso día a día, dos problemas que compartimos, dos imprevistos que temos en común, ... Pero tamén das cousas que nos distinguen, que demostran que non existen dúas persoas diabéticas iguais. Pois ben, a estas reunións, algúns chamabamoslles diabéticos anónimos polo feito de ser un grupo de xente anónima (nun principio, porque agora xa nos coñecemos tod@s, agás as novas incorporacións) que compartía a diabete e e as súas cousas do día a día en reunións. E a partires de aquí, ocorréusenos que, creando un blog, poderiamos completar ese labor de compartir cun máis cobizoso: divulgar e espallar información e coñecementos dende a experiencia.
Benvidos ao blog!!!

-

La idea surgió en el contexto de unas reuniones que un grupo de diabéticas y diabéticos hemos estado celebrando desde hace más de diez años para hablar de nuestro día a día, de los problemas que compartimos, de los imprevistos que tenemos en común, ... Pero también de las cosas que nos distinguen, que demuestran que no existen dos personas diabéticas iguales. Pues bien, a estas reuniones, algunos las llamábamos diabéticos anónimos por el hecho de ser un grupo de gente anónima (en un principio, porque ahora ya nos conocemos tod@s, excepto las nuevas incorporaciones) que compartía la diabetes y sus cosas del día a día en reuniones. Y a partir de aquí, se nos ocurrió que, creando un blog, podriamos completar esa labor de compartir con una más ambiciosa: divulgar y difundir información y conocimientos desde la experiencia.
Bienvenidos al blog!!!

lunes, 21 de febrero de 2011

blog de divulgación e coñecemento sobre a diabete

Benvidos a este blog de divulgación e coñecemento sobre a diabete.
A idea é que este blog sexa un espazo onde poidan participar
todo tipo de persoas vencelladas á diabete dun xeito ou doutro.